[O meu irmán era un fotógrafo, un periodista e un ser humano apaixonado que foi agudo observador dos acontecementos que sucedían ao seu arredor. Durante a súa vida laboral de 22 anos, foi testemuña de cataclismos mundiais.
Atopouse a sí mesmo na misión de informar sobre o inferno creado polo home, a guerra. Para el, a sorte rematou en Indochina un 25 de maio cando pisou unha mina e o seu papel como testemuña rematou.
(...)
A súa vida é un testamento difícil de superar, un desafío, unha aposta gañada excepto no final. Nacido sen medios para viaxar, cunha lingua sen utilidade máis alá dunha pequena nación, Hungría, conseguiu a experiencia do mundo a través dun medio de comunicación universal, a fotografía. De este modo puido falar con todos nós, entón e agora.
Durante a súa corta vida viviu e amou moito. Naceu sen cartos, e morreu da mesma maneira. O que deixou atrás é a historia da súa excepcional viaxe e un testemuño visual afirmando a súa propia fe na capacidade da humanidade para resistir e de vez en cando triunfar.]
Cornell Capa
Ningún comentario:
Publicar un comentario